sábado, 16 de mayo de 2015

Unha antiga historia

        Esta historia trata sobre o meu tataravó Ramón Gutierrez Brea, este era dunha familia de xuíces, un prestixio naquela época.

Centrándome no meu tataravó, era contratista de obras, de orixe pontevedrés, en concreto dá Estrada, el ía polos pobos realizando obras, e en Guitiriz coñeceu á miña tataravoa, Francisca Morado Corral, namoráronse e casáronse, pero a familia do meu tataravo estaba en contra porque a familia da miña tataravoa era de familia humilde, pero aínda así caouse en contra da voluntade da súa familia, unha vez casados, cunha casa, esta sufriu un incendio con todos os seus enseres, esto foi un problema grandísimo, polo que el decidiu emigrar a Cuba durante uns anos mentres a súa muller e a súa filla quedaban coa famlia materna. En Cuba traballou duro durente 4 anos para conseguir o diñeiro suficiente para volver a España e así reconstruir esa casa que anos atrás se había destruido por un incendio.

Grazas a ese traballo conseguiu reconstruir esa casa na que podería convivir por fin coa súa filla e a súa muller, esa que había sido rexeitada polos seus pais, aos que non lles fixo caso.

Un sono roto

                Esta historia trata do meu bisavó Francisco Castro García e da miña bisavoa María Pumares Carballeira, os cales eran dun pobo de Lugo, Guitiriz. Emigraron a Mugardos, o que era o seu sono de prosperar cerca da cidade, de conseguir unha vida mellor.

Os meus bisavos dedicábanse á agricultura. A súa migración coincidiulles coa época de posguerra do país polo que abundaban guerrillas antifranquistas, como eran os maquis. Ao emigrar a Mugardos, os maquis necesitaban refuxios de forma temporalmente corta polo que en diversas ocasións presionaron aos meus bisavos a que lles deran refuxio, xa que a Garda Civil os buscaba; esta era unha situación bastante comprometida xa que arriesgaban a súa vida e a dos seus sete fillos, xa que podian sufrir represalias por parte dos maquis se se negaban a darlles refuxio, e polo outro lado se a Garda Civil os encontraba en casa dos meus bisavos, esten sufrirían as represalias do réxime polo que era unha situación moi complicada, xa que xogábanse a súa vida a a dos seus fillos.

Tras aguantar moito tempo nesa situación, decidiron volver ao seu pobo de orixe Guitiriz e así rompían o seu sono de prosperar cerca da cidade.

Arxentina e a miña bisavoa

                 Esta historia trata sobre a vida da miña bisaboa Marcelina Rodríguez Castro, a cal se foi dun pobo do Bierzo con doce anos nun barco a Arxentina, foi unha viaxe moi longa, dun mes aproximadamente. En Arxentina a esperaba un irmán maior.

Alí desempeñou varios traballos ata que co seu marido, o meu bisavo, Xosé González Ortega, un español emigrante en Arxentina, conseguiu ter dúas carnicerias en propiedade e unha vida deshaogada economicamente, pero cando ambos tiñan mediana idade, ao meu bisabo entroulle un medo de non querer morrer lonxe da súa terra, polo que nesa época malvenderon todas as súas propiedades en Arxentina e regresaron a España, a cal encontrábase nunha situación bastante difícil, xa que o país encontrábase nunha época de posguerra polo que a situación económica era bastante pésima.

Xa cos meus bisavos en España, comprendiblemente a súa situación económica empeorou respecto de Arxentina, aquí en España montaron comercios de alimentos e de ropa, pero como a xente non tiña recursos para poder pagar esos productos, pedíanlles que os fiaran sen pagar posteriormente o diñeiro do producto.

Esta é a árbore xenealóxica da miña familia


martes, 24 de febrero de 2015

Debémollelo todo aos obreiros galegos...

               Cando se fala da clase obreira galega hai que facer un inciso na folga xeral de Vigo de 1972, porque pode dicirse que foi o maior triunfo na historia de Galicia da clase obreira.

Todo comezou cando en setembro de ese ano houbo unha reivindicacion laboral na Citröen, a partir de ese momento comezou unha serie de despidos masivos e despois unha folga de solidariedade, por dicilo así xa que progresivamente ían uníndose traballadores doutras empresas, ao final os traballadores volvían aos seus traballos e eran readmitidos de novo. Isto significou un triunfo para todos aqueles traballadores que pelexaban por unha democracia e serie de dereitos que non se lles otorgaba. Esta folga fixo que a industria viguesa parara, incluido o transporte público, pero como sempre as clases burguesas non se uniron ata o 4 de decembro de 1977.

En definitiva Galicia débelle principalamente ás clases obreiras e estudantes universitarios a posibilidade de que se levara a cabo a Transición, porque principalmente se fora polo resto da poboación non se habría levado a cabo.




domingo, 18 de enero de 2015

A mellor película e o mellor actor

             Estaba obrigado a falar dun gran actor como é Luis Tosar e facer un recoñecemento a súa carrera artística chea de historias e premios.

Este actor de Lugo, pódese dicir que o actor galego máis famoso por excelencia, ten unha vida chea de traballos en películas, obras de teatro, etc. Destacan películas como Celos, Sin noticias de Dios, Semana Santa, Te doy mis ojos, o lapis do carpinterio ( peliculón, recomendovola, trata o tema do franquismo e as represalias polas ideoloxías ), e sin duda algunha, Celda 211, a mellor pelicula do cine español da historia para min, moita acción, desenvolvida nunha cárcere.
Destacan os seus 3 premios Goya, Concha de Plata ao mellor actor, Fotogramas de Prata, Mestre Mateo, etc.
Impresionante a súa largísima carreira artística, unha vida dedicada ao cine, ao teatro....en xeral á CULTURA!!!!






Para xoder o Premio Nacional

                Como xa había prometido na entrada dos premios Martin Códax, vou falarvos sobre a Compañía Chévere E o seu recente premio nacional de teatro 2014.

Chévere é unha compañía teatral que comezou a súa traxectoria fai 25 anos, pódese dicir que é das mellores compañías galegas, e como acredita o premio, das mellores a nivel nacional. Trata diferentes temas como o humor, manipulación dos xéneros,etc. Coa súa gran variedade de xéneros atrae a un gran público de diferentes idades, normal, a que non lle gustaría ver unha función da Chévere?. Teño que destacar a súa función Eurozone na que se burlan no escenario de toda a clase dirixente europea. Hai que destacar a súa función na sala NASA, na que traballaron entre 1992 e 2011, ata que os obligou a sacar a sala NASA fora da cidade de Santiago, estes indivduos son os pertencentes coma non podía ser, do Partido Popular; co premio nacional deixa en evidencia a este partido de incompetentes, que rexeitan a cultura e as diferentes formas de expresión do teatro. Teño que destacar a explicación do noso profesor Manolona que destacounos o problema que tivera a compañía e a sala NASA co alcalde e o Partido Popular, porque eu ata ese momento o descoñecía.

Con este premio a Compañía recibe un total de 30.000 euros de parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 

Eu xa estou un pouco farto de que este goberno rexeite a cultura por diferentes razóns nas que destacan as críticas que reciben, que estan moi ben merecidas.