Hoxe veño a falaros da gala dos premios Martin Códax da música celebrados o 17 de decembro do 2014 ( na súa segunda edición ) no Pazo de cultura de Pontevedra.
Estos premios buscan a reivindicación da cultura galega, polo que se premia a todos eses artistas galegos que buscan iso. A maioría dos premios non saíron de Vigo. Pódese destacar a posta en escena por parte do famoso grupo de teatro, o grupo Chévere, ao que dedicareille unha entrada neste blog, estade atentos. Unha das principais reivindicacións que se fixo foi que o sector cultural non estivera vinculado coas empresas privadas en xeral, tamén se reclamaron necesitadas unións entre as forzas políticas para o apoio da cultura, esa cultura que todos necesitamos.
En canto aos premiados, destácase a gran variedade de estilos musicais. No xénero de pop foi Ataque Escampe, en jazz foi Sumrrá, en folque foi Cuarteto Caramuxo, en hip-hop como tiña que ser foi Wöyza, en electrónica foi Sub Rosa aínda que non ten que ver nada cos xéneros comercias que hai nestes momentos, en orquestas foi Os Satélites, en reggae foi Zamaramandi, outros premiados destacados doutros xéneros foron Festigal, Davide Salvado, Cró, N.H.U. e moitos máis.
Eu quédome cun moi bo sabor de boca xa que a cultura galega pouco a pouco vai tomando forza e como pode verse, esta foi a segunda edición desta gala que esperemos que dure moitos anos máis e siga premiando a todos eses músicos galegos que traballan ano a ano por reivindicar a propia cultura galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario