miércoles, 26 de noviembre de 2014

As saunas dos castros galegos

             Boas a todos, estaba lindo detalles sobre as antigas faunas dos castros galegos e vin detalles que chamáronme a atención.

Encóntraronse moitos restos de antigas saunas en excavacións de antigos castros, estas saunas tiñan un gran número de detalles que chámante a atención como que tiñan canalizacións de auga, e a parte, o máis sorprendente é que tiñan fornos para quentar a auga, podemos saber todo isto grazas a numerosos estudos realizados nos últimos anos, tamén dise que os castrexos ían ás saunas a facer cervexa, este tipo de datos sorprendenche bastante, que nesa época xa fixeran cosas como estas. Estas saunas fabricábanse con pedras fermosas. podemos dicir que os castrexos dedicábanse a distintas profesións como carpinteiros,etc e tamén realizaban rituais, banquetes e facían sacrificios.

Estes detalles acerca dos castrexos sorprende moito debido á época na que vivían, e como podían facer todo iso sen os recursos que hoxe en día temos.

martes, 25 de noviembre de 2014

Castro de Elviña

            Boas a todos, estaba pensando en castros galegos e o primeiro que véuseme á cabeza foi un dos máis famosos de Coruña, o Castro de Elviña.

Este castro encóntrase na Parroquia de San Vicente de Elviña, sitúase nun istmo da bahía coruñesa, destaca moito o paisaxe dos arredores, xa que encóntrase nun cerro, debido ás precipitacións abunda a auga, é unha zona moi fértil.
Non se sabe moi ben de cando é xa que estanse facendo uns estudos centíficos, pero podemonos guiar xa que fixándonos en excavacións cercanas pódese dicir que os castros son aproximadamente da idade do Bronce Final, no século VI antes da nosa era, sobre todo dase na idade do Ferro, no século III antes da nosa era, pero máis tarde, no século I para ser concretos romanizáronse.

Todavía non está excavado totalmente pero poden apreciarse varias estructuras como casas, pozos e canales coa finalidade de recoller auga, acrópolis, etc e dúas estructuras que destacan: "o Templo do Ídolo Fálico" e "A Casa dá Exedra"






lunes, 17 de noviembre de 2014

A Santa Compaña

                Boas a todos, cando me poño a pensar en lendas galegas a primeira que venme á cabeza é a Santa Compaña, posiblemente sexa das máis famosas, e para min das lendas galegas que coñezo é a que máis me sorprende.

A Santa Compaña presenta varias versións xa que van variando de xeración en xeración, na que coñezo eu a Santa Compaña é unha procesión de ánimas ou mortos que vagan sen un rumbo fixo na noite polos montes galegos nos que pasan polos camiños das parroquias, normalmente visitan as casas das persoas que vaian a morrer nun período moi pequeno de tempo, todos visten igual, con túnicas brancas e capucha, vagan sempre a partir das doce da noite.

A min persoalmente sorpréndeme aínda que non sexa real...

domingo, 2 de noviembre de 2014

A desgracia do Prestige

              Boas a todos, estaba no desván mirando as portadas de periódicos antigos que conservan aínda os meus pais e vin unha do 14 de novembro de 2002, resulta que aparecía na portada o desastre do Prestige, polo que decidín facer unha entrada sobre aquel desastre que conmocionou a todo o mundo, no que ese barco accidentouse o 13 de novembro de 2002.

O Prestige, un barco con bandera das Bahamas que transportaba 77.000 mil toneladas de hidrocarburos, viaxaba dende Letonia a Xibraltar e debido ao temporal encontrábase nas costas galegas, en concreto en Muxía ( Galicia ). Este barco lanzou un SOS a 50 Km de Finisterre xa que tiña unha brecha de 40 metros no casco debido a que había navegado con olas de ata 6 metros de altura e con fortísimos ventos. Tras moitos días de maniobras coa finalidade de alexar o barco das costas galegas, hundiuse a 250 km da mesma; pero o maior problema foi o vertido da carga, que provocou unha das desastres medioambientais máis grandes recordadas na historia, debido á cantidade de substancias contaminantes liberadas e polas zonas que se viron afectadas ( dende o norte de Portugal ata as Landas de Francia )

O impacto nas zonas coa marea negra foi grandísimo, debido a que o vertido no mar provocou a morte de centenares de especies de aves, mamíferos marinos, invertebrados e peces. O vertido chegou ás costas galegas coa oleaxe destrozando a paisaxe galega e volvendoa de cor negra, matando a miles de especies e poñendo en perigo o traballo de miles de galegos.

Hai que destacar sobre todo o traballo e a concienciación de centenares de persoas galegas e extranxeiras na reparación de danos derivados da contaminación. Moitísimas persoas con traxes de branco ( marea blanca ) limpando as costas galegas loitando contra unha gran marea negra.



sábado, 1 de noviembre de 2014

Que bonito era o monte Pindo.....

                 Decidín facer esta entrada para falar dun problema importantísimo en Galicia: os incendios forestais, e en concreto vou falar sobre o incendio do monte Pindo en setembro do ano pasado.

O Ézaro, a única zona de Europa onde unha cáscada cae ao mar directamente; pois ben, en setembro de 2013 quemáronse 2000 hectáreas das 2500 hectareas que ten o monte Pindo, debido a un incendio forestal que puido ser provocado por calquer desalmado con gañas de destrozar o noso pratimonio e tamen poñer en perigo a vida de moitas persoas. O Monte Pindo é un monte catalogado de Lugar de Importancia Comunitaria, con 650 especies naturais aproximadamente, das cales case a metade están protexidas.

Persoalmente non sei como pode haber xente neste mundo tan sen vergoña e desalmada para poder destrozar unha zona como a do Ézaro, coa única finalidade de divertirse, destrozar todo un patrimonio para Galicia e poñer en peligro a vida das persoas que viven aos arredores nese pobo. Da moita pena ver como unha zona como esta cunha frondosa vexetación e unha gran cantidade de especies naturais as cales non volveran a aparecer en centenares de anos e outras que non volverán a aparecer.

Adeus ao Olimpo Celta


domingo, 12 de octubre de 2014


GALICIA BONITA

              Boas, pensei en facer esta entrada para falar sobre aspectos bonitos de Galicia, xa que con so obsevar fotos ou camiñar por calquer lugar de Galicia podes descubrir o seu encanto, tanto polas paisaxes cunha gran cantidade de vexetación como pola súa gastronomía; pero este non é o momento adecuado para falar deses aspectos positivos de Galicia xa que "non é ouro todo o que reluce", mentres todos nos fixamos meses aspectos, hai outros que descoñecemos, como por exemplo :
 
As explotacións de ouro en Galicia
 
En Galicia sempre houbo ouro escondido, os primeiros en comezar en explotar o terreo para conseguir este preciado mineral foron os romanos fai 2000 anos, leváronse unha gran cantidade de ese material, pero aínda tantos siglos despois, aínda segue habendo ouro. Debido ao aumento nos últimos anos do prezo e da demanda destes minerais, puxéronse en marcha unha gran cantidade de iniciativas para explótalo.
Unha empresa que empezou estas iniciativas foi a empresa canadiense  Edgewater Exploration Ltd, que vergonzosamente fíxose cos dereitos de explotación das minas de Corcoesto ( A Coruña ). Para conseguir este ouro enterrado baixo cordilleiras e montañas realízanse grandes explotacións con dinamita para poder levantar estas montañas e así conseguir unha insignificante cantidade de ouro, pero´o peor de todo é que estas detonacións provocan una gran cantidade de contaminación e de residuos, que afectan a 50 km á redonda afectando a pobos e á propia xente que vive neles.
Para min esto é una vergoña que podase facer isto na actual sociedade na que vivimos.