domingo, 12 de octubre de 2014


GALICIA BONITA

              Boas, pensei en facer esta entrada para falar sobre aspectos bonitos de Galicia, xa que con so obsevar fotos ou camiñar por calquer lugar de Galicia podes descubrir o seu encanto, tanto polas paisaxes cunha gran cantidade de vexetación como pola súa gastronomía; pero este non é o momento adecuado para falar deses aspectos positivos de Galicia xa que "non é ouro todo o que reluce", mentres todos nos fixamos meses aspectos, hai outros que descoñecemos, como por exemplo :
 
As explotacións de ouro en Galicia
 
En Galicia sempre houbo ouro escondido, os primeiros en comezar en explotar o terreo para conseguir este preciado mineral foron os romanos fai 2000 anos, leváronse unha gran cantidade de ese material, pero aínda tantos siglos despois, aínda segue habendo ouro. Debido ao aumento nos últimos anos do prezo e da demanda destes minerais, puxéronse en marcha unha gran cantidade de iniciativas para explótalo.
Unha empresa que empezou estas iniciativas foi a empresa canadiense  Edgewater Exploration Ltd, que vergonzosamente fíxose cos dereitos de explotación das minas de Corcoesto ( A Coruña ). Para conseguir este ouro enterrado baixo cordilleiras e montañas realízanse grandes explotacións con dinamita para poder levantar estas montañas e así conseguir unha insignificante cantidade de ouro, pero´o peor de todo é que estas detonacións provocan una gran cantidade de contaminación e de residuos, que afectan a 50 km á redonda afectando a pobos e á propia xente que vive neles.
Para min esto é una vergoña que podase facer isto na actual sociedade na que vivimos.