miércoles, 20 de mayo de 2015

Triste desaparición

                Galicia, ano 2054, a comunidade segue sendo igual a como era anos antes, os seus cidadáns comportábanse de maneira normal. Un novo partido político loitaba por conseguir impoñer a lingua galega como lingua oficial da comunidade, este estaba a punto de logralo, ata que un día saltou a noticia de que un asteroide de medianas dimensións ía a estrelarse contra Galicia, matando así aos seus cidadáns e destrozando toda a comunidade. A xente abandoou a comunidade o antes posible facendo así que Galicia quedara baldeira de xente, esta xente marchou a outras comunidades de España ou a outros países onde as consecuencias do asteroide non chegaran. O asteroide destrozou a comunidade pero sen vítimas.

Co paso dos anos esas persoas galegas perderon as súas costumes e xa non se acordaban do seu idioma, xa que levaban moitos anos fóra da comunidade, polo que a lingua galega desapareceu.

Inminente expulsión

                  Galicia, ano 2043, a comunidade segue chamándose con ese nome, pero pouco quedaría para que cambiara. Nos últimos anos a inmigración ao país, en concreto a Galicia era algo normal, pero nos últimos 5 anos a situación cambiara, non había presidente da comunidade, nin tampouco leis. Comezaron a chegar novos inmigrantes, máis e máis, pero non eran inmigrantes que viñan buscando in traballo, estes novos inmigrantes tiñan asco pola xente galega, polo que a súa idea era botar fóra da cominidade a toda a xente galega, o único que querían era que quedara unha comunidade formada por eles mismos. 

A moitos deses inmigrantes non lles chegaba con expulsalos galegos, moitos querían acabar con eles, exterminalos, e así o fixeron. Foron moitas as persoas que morreron, pero eles lograron o seu obxectivo: expulsar aos galegos e formar unha nova comunidade

Nada do que fora

                 Galicia, ano 2081, é un perigo sair á rúa, Galicia xa non é nada do que era. O presidente de comunidade galega había sido asasinado por un narcotraficante, xa non había leis.

Galicia dividíase en dúas bandas de narcotraficantes, as cales disputábanse o control do negocio da droga en Galicia. A banda A estaba constituida por traficantes que vivían no norte de Galicia, e os da banda B no sur de Galicia. Máis da metade da poboación era adicta aos narcóticos, e o resto había saído da comunidade o antes posible.

A banda A tiña un factor que a distinguía en comparación coa banda B, tiña un núcleo productor de droga no barrio de Caranza, ao contrario ca a banda B, a cal traía importada a droga de países Sudamericanos. Todo o negocio da banda A xiraba en torno a Caranza, se as cousas ían mal ahí, o negocio tamén o iría. Caranza xa non era nada do que fora, en xeral Galicia. So quedaba unha sociedade dependente das drogas, na cal os únicos beneficiados eran os narcoteaficantes.

O gran Tirano

             Situámonos no ano 2063, Galicia pasa polo peor momento da süa historia, a poboación votou nas eleccións a un candidato, aparentemente de esquerdas coma el mesmo afirmaba, e que como aparecía implícito no seu programa electoral, ía a loitar pola normalización da lingua galega e impoñeña como lingua oficial. A poboación estaba convencida de a quen ían a votar.

Como era previsto o día das eleccións saíu elixido el, todo parecía moi normal ata que á semana comezaeon as súas reformas , fixo todo o contrario ao que había prometido, pero principalmente elimiñou a lingua galega, a partir dese momento, impuxo unha lei na cal calquera persoa que falara unicamente unha palabra en galego, morrería por decapitación.

O exército Español non podía facer nada ante esta situación, xa que máis da metade dos seus mebros uníronse ao réxime do dictador polos grandes soldos que lles ofrecía
Morreu moita xente. As aldeas quedaron vacías, sen xente, todas habían sido asasinadas polo réxime, e na cidade ninguén camiñaba pola rúa, xa que preferían quedarse nos seus hogares e así non arriesgarse a ser asasinados polo réxime pola simple razón de falar o galego

sábado, 16 de mayo de 2015

Unha antiga historia

        Esta historia trata sobre o meu tataravó Ramón Gutierrez Brea, este era dunha familia de xuíces, un prestixio naquela época.

Centrándome no meu tataravó, era contratista de obras, de orixe pontevedrés, en concreto dá Estrada, el ía polos pobos realizando obras, e en Guitiriz coñeceu á miña tataravoa, Francisca Morado Corral, namoráronse e casáronse, pero a familia do meu tataravo estaba en contra porque a familia da miña tataravoa era de familia humilde, pero aínda así caouse en contra da voluntade da súa familia, unha vez casados, cunha casa, esta sufriu un incendio con todos os seus enseres, esto foi un problema grandísimo, polo que el decidiu emigrar a Cuba durante uns anos mentres a súa muller e a súa filla quedaban coa famlia materna. En Cuba traballou duro durente 4 anos para conseguir o diñeiro suficiente para volver a España e así reconstruir esa casa que anos atrás se había destruido por un incendio.

Grazas a ese traballo conseguiu reconstruir esa casa na que podería convivir por fin coa súa filla e a súa muller, esa que había sido rexeitada polos seus pais, aos que non lles fixo caso.

Un sono roto

                Esta historia trata do meu bisavó Francisco Castro García e da miña bisavoa María Pumares Carballeira, os cales eran dun pobo de Lugo, Guitiriz. Emigraron a Mugardos, o que era o seu sono de prosperar cerca da cidade, de conseguir unha vida mellor.

Os meus bisavos dedicábanse á agricultura. A súa migración coincidiulles coa época de posguerra do país polo que abundaban guerrillas antifranquistas, como eran os maquis. Ao emigrar a Mugardos, os maquis necesitaban refuxios de forma temporalmente corta polo que en diversas ocasións presionaron aos meus bisavos a que lles deran refuxio, xa que a Garda Civil os buscaba; esta era unha situación bastante comprometida xa que arriesgaban a súa vida e a dos seus sete fillos, xa que podian sufrir represalias por parte dos maquis se se negaban a darlles refuxio, e polo outro lado se a Garda Civil os encontraba en casa dos meus bisavos, esten sufrirían as represalias do réxime polo que era unha situación moi complicada, xa que xogábanse a súa vida a a dos seus fillos.

Tras aguantar moito tempo nesa situación, decidiron volver ao seu pobo de orixe Guitiriz e así rompían o seu sono de prosperar cerca da cidade.

Arxentina e a miña bisavoa

                 Esta historia trata sobre a vida da miña bisaboa Marcelina Rodríguez Castro, a cal se foi dun pobo do Bierzo con doce anos nun barco a Arxentina, foi unha viaxe moi longa, dun mes aproximadamente. En Arxentina a esperaba un irmán maior.

Alí desempeñou varios traballos ata que co seu marido, o meu bisavo, Xosé González Ortega, un español emigrante en Arxentina, conseguiu ter dúas carnicerias en propiedade e unha vida deshaogada economicamente, pero cando ambos tiñan mediana idade, ao meu bisabo entroulle un medo de non querer morrer lonxe da súa terra, polo que nesa época malvenderon todas as súas propiedades en Arxentina e regresaron a España, a cal encontrábase nunha situación bastante difícil, xa que o país encontrábase nunha época de posguerra polo que a situación económica era bastante pésima.

Xa cos meus bisavos en España, comprendiblemente a súa situación económica empeorou respecto de Arxentina, aquí en España montaron comercios de alimentos e de ropa, pero como a xente non tiña recursos para poder pagar esos productos, pedíanlles que os fiaran sen pagar posteriormente o diñeiro do producto.

Esta é a árbore xenealóxica da miña familia


martes, 24 de febrero de 2015

Debémollelo todo aos obreiros galegos...

               Cando se fala da clase obreira galega hai que facer un inciso na folga xeral de Vigo de 1972, porque pode dicirse que foi o maior triunfo na historia de Galicia da clase obreira.

Todo comezou cando en setembro de ese ano houbo unha reivindicacion laboral na Citröen, a partir de ese momento comezou unha serie de despidos masivos e despois unha folga de solidariedade, por dicilo así xa que progresivamente ían uníndose traballadores doutras empresas, ao final os traballadores volvían aos seus traballos e eran readmitidos de novo. Isto significou un triunfo para todos aqueles traballadores que pelexaban por unha democracia e serie de dereitos que non se lles otorgaba. Esta folga fixo que a industria viguesa parara, incluido o transporte público, pero como sempre as clases burguesas non se uniron ata o 4 de decembro de 1977.

En definitiva Galicia débelle principalamente ás clases obreiras e estudantes universitarios a posibilidade de que se levara a cabo a Transición, porque principalmente se fora polo resto da poboación non se habría levado a cabo.




domingo, 18 de enero de 2015

A mellor película e o mellor actor

             Estaba obrigado a falar dun gran actor como é Luis Tosar e facer un recoñecemento a súa carrera artística chea de historias e premios.

Este actor de Lugo, pódese dicir que o actor galego máis famoso por excelencia, ten unha vida chea de traballos en películas, obras de teatro, etc. Destacan películas como Celos, Sin noticias de Dios, Semana Santa, Te doy mis ojos, o lapis do carpinterio ( peliculón, recomendovola, trata o tema do franquismo e as represalias polas ideoloxías ), e sin duda algunha, Celda 211, a mellor pelicula do cine español da historia para min, moita acción, desenvolvida nunha cárcere.
Destacan os seus 3 premios Goya, Concha de Plata ao mellor actor, Fotogramas de Prata, Mestre Mateo, etc.
Impresionante a súa largísima carreira artística, unha vida dedicada ao cine, ao teatro....en xeral á CULTURA!!!!






Para xoder o Premio Nacional

                Como xa había prometido na entrada dos premios Martin Códax, vou falarvos sobre a Compañía Chévere E o seu recente premio nacional de teatro 2014.

Chévere é unha compañía teatral que comezou a súa traxectoria fai 25 anos, pódese dicir que é das mellores compañías galegas, e como acredita o premio, das mellores a nivel nacional. Trata diferentes temas como o humor, manipulación dos xéneros,etc. Coa súa gran variedade de xéneros atrae a un gran público de diferentes idades, normal, a que non lle gustaría ver unha función da Chévere?. Teño que destacar a súa función Eurozone na que se burlan no escenario de toda a clase dirixente europea. Hai que destacar a súa función na sala NASA, na que traballaron entre 1992 e 2011, ata que os obligou a sacar a sala NASA fora da cidade de Santiago, estes indivduos son os pertencentes coma non podía ser, do Partido Popular; co premio nacional deixa en evidencia a este partido de incompetentes, que rexeitan a cultura e as diferentes formas de expresión do teatro. Teño que destacar a explicación do noso profesor Manolona que destacounos o problema que tivera a compañía e a sala NASA co alcalde e o Partido Popular, porque eu ata ese momento o descoñecía.

Con este premio a Compañía recibe un total de 30.000 euros de parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 

Eu xa estou un pouco farto de que este goberno rexeite a cultura por diferentes razóns nas que destacan as críticas que reciben, que estan moi ben merecidas.



sábado, 17 de enero de 2015

Merécese o Goya Javier Gutierrez? CLARO QUE SÍ!!!

         Hoxe ocorréuseme falar dun actor aínda que nacido en Luanco, Asturias, e totalmente galego, de feito que nada más nacer foise para Ferroliño, ademais se pasexas algún día por Ferrol podes encontrarte con el, un pouco difícil xa que ultimamente está a ter moito traballo. Pois ven vouvos falar un pouco sobre a súa vida.

Javier Gutierrez comezou a súa carreira artística coa compañía Animalario xunto a artistas como Ernesto Alterio, Alberto San Xoán, Nathalie Poza cos que participou na película "El otro lado de la cama", unha película bastante boa, que eu propiamente vin e que vos recomendo; mais tarde traballería en películas como "Crimen Ferpecto" de Alex de la Iglesia, un gran director español; teño que destacar películas un pouco máis modernas e recentes como é a súa participación en Torrente 4, tamén vola recomendo se queredes pasar un rato de moitas risas; 2 francos 40 pesetas estrenada a segunda parte en 2014 que fai alusión a inmigración dos españois na época da posguerra en busca dun futuro mellor e traballo; e por último a súa última película, " A Isla Mínima" pola que gañou o premio Forqué e a concha de plata ao mellor actor protagonista e que esperemos que gañe o Goya nuns días, sería o mellor recoñecemento a súa vida de traballo. Tamén se espera o estreno da próxima película na que traballou con Luis Tosar.

Tamén destacan series como a que todos coñecemos, se non é que non tocamos a televisión, "Aguia Roxa" na que fai de Sátur dende o 2009, tamén participou nos Serrano.

UN APLAUSO A ESTE MAGNÍFICO ACTOR QUE SEN DÚBIDA NINGUNHA MERECE O GOYA!!!

Trailer da "Isla Mínima"


viernes, 16 de enero de 2015

Premios Martín Códax

           Hoxe veño a falaros da gala dos premios Martin Códax da música celebrados o 17 de decembro do 2014 ( na súa segunda edición ) no Pazo de cultura de Pontevedra.

Estos premios buscan a reivindicación da cultura galega, polo que se premia a todos eses artistas galegos que buscan iso. A maioría dos premios non saíron de Vigo. Pódese destacar a posta en escena por parte do famoso grupo de teatro, o grupo Chévere, ao que dedicareille unha entrada neste blog, estade atentos. Unha das principais reivindicacións que se fixo foi que o sector cultural non estivera vinculado coas empresas privadas en xeral, tamén se reclamaron necesitadas unións entre as forzas políticas para o apoio da cultura, esa cultura que todos necesitamos. 

En canto aos premiados, destácase a gran variedade de estilos musicais. No xénero de pop foi Ataque Escampe, en jazz foi Sumrrá, en folque foi Cuarteto Caramuxo, en hip-hop como tiña que ser foi Wöyza, en electrónica foi Sub Rosa aínda que non ten que ver nada cos xéneros comercias que hai nestes momentos, en orquestas foi Os Satélites, en reggae foi Zamaramandi, outros premiados destacados doutros xéneros foron Festigal, Davide Salvado, Cró, N.H.U. e moitos máis.

Eu quédome cun moi bo sabor de boca xa que a cultura galega pouco a pouco vai tomando forza e como pode verse, esta foi a segunda edición desta gala que esperemos que dure moitos anos máis e siga premiando a todos eses músicos galegos que traballan ano a ano por reivindicar a propia cultura galega.