domingo, 2 de noviembre de 2014

A desgracia do Prestige

              Boas a todos, estaba no desván mirando as portadas de periódicos antigos que conservan aínda os meus pais e vin unha do 14 de novembro de 2002, resulta que aparecía na portada o desastre do Prestige, polo que decidín facer unha entrada sobre aquel desastre que conmocionou a todo o mundo, no que ese barco accidentouse o 13 de novembro de 2002.

O Prestige, un barco con bandera das Bahamas que transportaba 77.000 mil toneladas de hidrocarburos, viaxaba dende Letonia a Xibraltar e debido ao temporal encontrábase nas costas galegas, en concreto en Muxía ( Galicia ). Este barco lanzou un SOS a 50 Km de Finisterre xa que tiña unha brecha de 40 metros no casco debido a que había navegado con olas de ata 6 metros de altura e con fortísimos ventos. Tras moitos días de maniobras coa finalidade de alexar o barco das costas galegas, hundiuse a 250 km da mesma; pero o maior problema foi o vertido da carga, que provocou unha das desastres medioambientais máis grandes recordadas na historia, debido á cantidade de substancias contaminantes liberadas e polas zonas que se viron afectadas ( dende o norte de Portugal ata as Landas de Francia )

O impacto nas zonas coa marea negra foi grandísimo, debido a que o vertido no mar provocou a morte de centenares de especies de aves, mamíferos marinos, invertebrados e peces. O vertido chegou ás costas galegas coa oleaxe destrozando a paisaxe galega e volvendoa de cor negra, matando a miles de especies e poñendo en perigo o traballo de miles de galegos.

Hai que destacar sobre todo o traballo e a concienciación de centenares de persoas galegas e extranxeiras na reparación de danos derivados da contaminación. Moitísimas persoas con traxes de branco ( marea blanca ) limpando as costas galegas loitando contra unha gran marea negra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario