sábado, 1 de noviembre de 2014

Que bonito era o monte Pindo.....

                 Decidín facer esta entrada para falar dun problema importantísimo en Galicia: os incendios forestais, e en concreto vou falar sobre o incendio do monte Pindo en setembro do ano pasado.

O Ézaro, a única zona de Europa onde unha cáscada cae ao mar directamente; pois ben, en setembro de 2013 quemáronse 2000 hectáreas das 2500 hectareas que ten o monte Pindo, debido a un incendio forestal que puido ser provocado por calquer desalmado con gañas de destrozar o noso pratimonio e tamen poñer en perigo a vida de moitas persoas. O Monte Pindo é un monte catalogado de Lugar de Importancia Comunitaria, con 650 especies naturais aproximadamente, das cales case a metade están protexidas.

Persoalmente non sei como pode haber xente neste mundo tan sen vergoña e desalmada para poder destrozar unha zona como a do Ézaro, coa única finalidade de divertirse, destrozar todo un patrimonio para Galicia e poñer en peligro a vida das persoas que viven aos arredores nese pobo. Da moita pena ver como unha zona como esta cunha frondosa vexetación e unha gran cantidade de especies naturais as cales non volveran a aparecer en centenares de anos e outras que non volverán a aparecer.

Adeus ao Olimpo Celta


No hay comentarios:

Publicar un comentario