lunes, 17 de noviembre de 2014

A Santa Compaña

                Boas a todos, cando me poño a pensar en lendas galegas a primeira que venme á cabeza é a Santa Compaña, posiblemente sexa das máis famosas, e para min das lendas galegas que coñezo é a que máis me sorprende.

A Santa Compaña presenta varias versións xa que van variando de xeración en xeración, na que coñezo eu a Santa Compaña é unha procesión de ánimas ou mortos que vagan sen un rumbo fixo na noite polos montes galegos nos que pasan polos camiños das parroquias, normalmente visitan as casas das persoas que vaian a morrer nun período moi pequeno de tempo, todos visten igual, con túnicas brancas e capucha, vagan sempre a partir das doce da noite.

A min persoalmente sorpréndeme aínda que non sexa real...

No hay comentarios:

Publicar un comentario